miércoles, 10 de junio de 2015

Os ollos indican máis cousas do que nos creemos.

Investigadores parecen ter descuberto que os ollos non só reflicten o que pasa no cerebro, senón que tamén poderían ter influencia nos nosos recordos ou na toma de decisións.
Parte dos movementos oculares revelan os nosos pensamentos. 
A dilatación das pupilas está ligada a certo grao de incerteza á hora de tomar unha decisión: se alguén está menos seguro de decidir algo séntense máis alerta, o que causa dilatación das pupilas.
O movemento ocular pode influenciar funcións mentais complexas como a memoria e a toma de decisións, e enganar aos nosos pensamentos, crenzas e desexos.
Saber isto pode achegarnos maneiras de mellorar as nosas funcións mentais, pero tamén fainos vulnerables á manipulación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario