viernes, 31 de octubre de 2014

Unha canción que atrae ao suicidio.

Lendo o xornal El País, chamoume a atención unha noticia, publicada por ser Halloween, que trataba dunha canción ''maldita'' xa que levara a moitas persoas a matarse.

Rezső Seress.
Tratase de Gloomy Sunday  , composta por Rezső Seress, un pianista húngaro, que por certo, a súa canción non é a única cousa da súa vida que ten relación co suicidio, xa que el tamén se suicidou. Pál Kalmar, foi quen cantou a súa canción, outra cousa curiosa, é que este, perdeu a súa voz o mesmo ano no que Seress morreu. O cántico trata de un home desolado por perder a súa amada que quere acabar ca súa vida.
A policía de Hungría, de onde é nativo Rezső Seress, encontrara a un home que se suicidou e nun papel deixara escrito uns versos de Gloomy Sunday, varias persoas ca partitura desta canción nas súas mans e a xente que se suicidara despois de escoitala.
Relacionaronse 19 casos de persoas que acabaron ca vida debido a este cántico. Foi censurada hasta 2002.
Os científicos non afirman que está relacionada co suicidio, pero tampouco o negan.
Gloomy Sunday, utilizouse no cine e tamén en series como nos Simpson.
O que non sabía Rezső Seress, era que a súa canción ulizaríase como a canción do Halloween para moitos países.
A canción leva a xente ao suicidio, Rezső Seress acabou ca súa vida, Pál Kalmar queda sen voz no mesmo ano que Seress e o letrista da canción, Jávor, morreu dun infarto ao corazón, creedes que todo isto está relacionado?
Podedes leer a noticia aquí.

1 comentario:

  1. Sonia, tes que relacionarme esta noticia coa actualidade científica. A ligazón non funciona. Animo

    ResponderEliminar