miércoles, 11 de marzo de 2015

Aumenta o risco de extinción de especies mariñas

Algunha vez fostes a praia e tiraches algo ao chan? Si a resposta e sí ten en conta que esta contaminación xunto co cambio climático e a destrución de hábitats ten as súas repercusións no medio mariño.

Os esforzos de conservación da natureza estanse a centrar moito nos animais e plantas que viven en terra firme. Non obstante, hai cada vez máis probas de que a vida mariña sofre un problema non menos grave que o da terrestre: Unha de cada catro ou cinco especies mariñas pode estar en perigo de extinción.A sobrepesca, a contaminación, o cambio climático e a destrución de hábitats como os arrecifes de coral están a poñer aos mares en dificultades, pero a comunidade científica teme que o risco non estea a ser tomado tan en serio como se toma ao perigo da perda de animais e plantas que viven en terra firme. Nese sentido, as especies mariñas en risco de extinción, agás quizais as baleas, son as grandes esquecidas na concienciación social da perda de biodiversidade.
 
 
Información para facer o artigo en ABC.

No hay comentarios:

Publicar un comentario