jueves, 19 de marzo de 2015

Mañan, eclipse solar.

O venres 20, pouco despois das nove da mañá na península Ibérica, e se o tempo o permite empezará un eclipse que será visible dende toda Europa.

 A lúa nova cruzará por diante do Sol ocultando pouco a pouco o disco da estrela: unha eclipse solar. Uns miles de persoas en dous arquipélagos do Atlántico Norte (as illas Feroe e as Svalbard) terán o privilexio de ver o Sol negro, a estrela completamente tapada pola Lúa, durante case tres minutos na mellor posición. Pero serán millóns os que, en toda Europa, Norte de África, Oeste e Norte de Asia e Oriente Próximo (e en América só nun extremo de Terra Nova), terán a oportunidade de presenciar unha eclipse parcial, coa estrela do Sistema Solar máis ou menos tapada polo satélite natural da Terra. No continente non se observará outro ata 2026.

No hay comentarios:

Publicar un comentario