viernes, 8 de mayo de 2015

A nave Progress M-27M...

A cápsula rusa á deriva desintegrouse ao entrar na atmosfera terrestre.

A nave foi lanzada o pasado 28 de abril dende o cosmódromo de Baikonur en Kazakjitan cunhas toneladas de pezas de repostos e carga para os tripulantes do complexo espacial, que orbita a 400 quilómetros da Terra.
Despois de máis dunha semana á deriva no espazo, a nave espacial rusa Progress M-27 M, que non conseguiu realizar a súa misión de abastecemento á Estación Espacial Internacional (EEI), desintegrouse ao entrar na atmosfera terrestre sobre o Océano Pacífico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario