jueves, 28 de mayo de 2015

O xogo de Charlie Charlie.


Coñecese como "o reto Charlie Charlie", parecese ao xogo da ouija, e dende hai días converteuse nun furor nas redes sociais.
O xogo é moi simple: hai que colocar en equilibrio dous lapis en forma de cruz sobre un papel coas palabras "si" e "non" e facerlle preguntas a un suposto demo de orixe mexicana chamado Charlie que contesta movendo o lapis cara a unha das palabras.
Os que cren nos fenómenos paranormais non teñen dúbidas: o movemento está ditado por Charlie.
Pero para os que non o son...por que se move o lapis?
En principio, pola forza de gravidade e a posición delicada e inestable na que se encontran os lapis.
Se probas poñelos na posición que indica o xogo daraste conta de que, aínda que non lle fagas pregunta ningunha, os lapis  movense de todas as maneiras.
A posición dos lapis é tan inestable que a menor variación no ambiente que os rodea pode afectar o seu equilibrio.
É dicir, un pequeno tremor na superficie onde están apoiados ou un ínfimo movemento da corrente de aire provocado pola respiración, poden facer xirar o lapis cara a un lado ou outro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario