miércoles, 8 de abril de 2015

Por qué temos a menstruación as mulleres?

As mulleres crecemos sabendo que nos espera unha vida chea de dolores de barriga producidos pola menstruación, pero...Alguen se fixo a pregunta de por qué se sucede esto? Sigue leendo para descubrilo!

A menstruación é parte do ciclo reprodutivo da muller. Cada mes, en resposta ás hormonas reprodutivas, principalmente os estróxenos e a proxesterona, o útero da muller prepárase para o embarazo.O revestimento interno da tamén chamada matriz, o endometrio, acondiciónase para que lle sexa implantado un embrión: faise máis groso, divídese en capas e desenvolve unha ampla rede de vasos sanguíneos.
Pero se a muller non queda embarazada, os niveis de proxesterona comezan a caer. O tecido endometrial groso, cos seus vasos sanguíneos, empeza a desprenderse e remátase expulsando a través da vagina.E este sangrado é a menstruación.

1 comentario:

  1. Ben, Sonia, aínda que un pouco escueto. Pero... e as imaxes e as ligazóns? Ánimo!

    ResponderEliminar